martes, 28 de noviembre de 2006

Exercicios tipo PAAU Matemáticas Aplicadas ás CCSS II

Neste enlace podedes ver moitos exercicios resoltos de todo o programa de matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais de 2º de bacharelato. Creo que vos resultará dunha gran axuda. Están en formato PDF e foron elaborados polo profesorJOSÉ MARÍA ROSSEL TOUS. Buscade a entrada de data 25-02-2006 co título MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS.

jueves, 23 de noviembre de 2006

Boletín nº 1 - Álxebra

Agora toca un traballiño de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II para a 1ª avaliación. Anímate a facer algún exercicio de Álxebra


As Torres de Hanoi

O obxectivo deste coñecido xogo é mover todos os discos desde o pao da esquerda ata o da dereita tendo en conta as seguintes
Reglas do xogo
So podemos mover un disco cada vez e este so pode ser colocado encima dun disco de menor diámetro ou nun pao vacío.


Enlazase coa presentación dun xogo que nos permite encontrar, de forma progresiva, unha estratexia que nos conduza á resolución do“problema”. É, polo tanto, interesante comezar polo caso máis simple (3 fichas).
Recorda: As fichas desplazaranse de unha en unha de tal forma que se sitúen sempre as pequenas sobre as grandes, nunca ó revés.

Manexo:

Para comezar: Introduce o número de fichas.
Para mover ficha: escribe o número de “columna_origen” seguido do de “columna_destino”. Se o movemento está permitido, executarase . Se o movemento non é legal, deberás indicar de novo ambas columnas.

Se queres xogar fai cli aquí e BOA SORTE

¿Regalaronche algunha vez un libro de matemáticas?

¿Con cal destes tres libros vas empezar?

- "Contar bien para vivir mejor"
Claudi Alsina

"Las Matemáticas en la vida cotidiana". COMAP, Traducción de J. L. Doran y E. Hernández
  • Addison Wesley/Universidad Autónoma de Madrid, 3ª edición, (1999)

  • Susana Mataix: Matemática es nombre de mujer. Editorial Rubes, Barcelona, 1999. ISBN 84-497-0014-0.